Observatorio de Machismo Dixital Stop Machitroles

Coa firme vontade de seguir dando pasos que permitan coñecer e analizar a realidade das mulleres que sofren misoxinia e discriminación no eido dixital por razón de xénero, creamos o Observatorio de Machismo Dixital Stop Machitroles.

O obxectivo principal deste observatorio, que incorporamos na web da Cátedra de Feminismos 4.0, é permitir recoller datos e información de persoas que denuncien, de forma anónima, agresións sexistas, ofensas, acosos, vexacións, ridiculizacións, ataques á dignidade, humillacións ou calquera outra forma de violencia machista.

Primeiro informe

O primeiro informe do Observatorio Stop Machitroles achega unha primeira radiografía da violencia machista dixital no eido territorial do sur de Galicia.

En concreto, permitiu identificar tres tipos de violencias online a través dos datos recollidos polo Observatorio da Cátedra desde a súa creación en xuño de 2021. Este documento ofrece datos que permiten avaliar a forma de operar  das violencias machistas dixitais no ámbito territorial do sur de Galicia, o cal é moi relevante, pois son moi escasos os datos dispoñibles sobre a prevalencia e as formas destas violencias en liña.

Segundo informe

segundo informe do Observatorio Stop Machitroles analiza a violencia machista dixital a través da prensa galega e que, entre os seus resultados, conclúe que o 63% das situación de acoso dixital procede de homes coñecidos da vítima.

En relación coas tipoloxías do acoso, o informe identifica tres grandes grupos: o ambiental (que se produce en ambientes educativos, deportivos e lúdicos); o da manoesfera (a través dunha acción de acoso orquestrado e organizado) ou o que denomina o «efecto Johnny» (xuízo Johnny Depp-Amber Heard).

Terceiro informe

O terceiro informe do Observatorio Stop Machitroles continúa facendo unha análise a través da prensa sobre a prevalencia e a tipoloxía da violencia machista dixital entre novembro de 2022 e setembro de 2023. Con este traballo queremos contribuír á toma de conciencia sobre a complexidade da violencia en liña sobre as mulleres e as súas consecuencias sobre a convivencia e a calidade democrática.

Unha violencia que, cos avances tecnolóxicos, está utilizando outras formas de exercerse o que multiplica o seu alcance e o interese que suscita, como vemos no aumento dun terzo nos contidos dos medios.

Reestruturamos as tipoloxías, para poder incluír estas novas formas, en violencia dixital sexista e por razón de xénero; violencia dixital sobre as mulleres con presenza pública e a violencia machista dixital organizada da manosfera.

A asociación Xornalistas Galegas participou presentando un traballo paralelo titulado Os medios como (re)produtores de ciberviolencia simbólica que se pode consultar na súa web.

Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero

Resulta necesario definir o concepto de ciberdelincuencia e, de forma específica, a que se exerce sobre a muller, xa que nos últimos tempos aumentou o control da vítima a través das redes sociais, dos dispositivos dixitais e, fundamentalmente, do teléfono móbil. A violencia de xénero dixital engloba todas estas condutas de violencia de xénero que se exercen a través das novas tecnoloxías, das redes sociais ou de Internet. 

Todas estas cuestións, entre outras, fixeron necesaria a modificación da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que podes consultar no enlace inferior.

Formulario para achegar datos

A continuación, poderás acceder ao formulario que poñemos á disposición de todas as persoas usuarias desta web para facilitar a información que consideren relevante e que, posteriormente, recollerá e analizará o Observatorio.

Idade *
Sexo *
Lugar de residencia *
Estudos *
Profesión *
Acto de violencia machista que se quere denunciar *
Adxuntar fotos, pantallazos, documentos...
Maximum file size: 10 MB
A persoa que denuncia é a mesma que experimentou a agresión/discriminación? *
Na túa contorna inmediata son habituais os casos de violencia contras as mulleres ou situación de desigualdade? *
Cando usas Internet ou redes sociais ves comportamentos discriminatorios ou violencia contra as mulleres? *
En caso afirmativo da pregunta anterior, Cales? *
Con que frecuencia se producen esas situacións? *
Traballas no eido privado ou público? *
Cal é o sector de actividade da empresa privada ou entidade pública para a que traballas? *
Correo electrónico