Póster científico / 2ª edición Cátedra Feminismos 4.0

Percepcións do alumnado de Bacharelato sobre as enxeñarías: por que aínda non é unha opción para elas?
Por que hai tan poucas mulleres nos estudos e profesións relacionadas coas enxeñarías? Cales son as razóns da diminución de interese das rapazas en acceder a eses estudos?
Esta investigación constata que persiste o determinismo bioloxicista no discurso: “mulleres sensibles” e aptas para os coidados versus “homes duros e aptos para a abstracción e a tecnoloxía”.
Sinala, ademais, que as alumnas non perciben a desigualdade. Afirman elixir “libres” de influencias externas, pero apuntan á socialización diferencial (xoguetes) e distinta orientación cara a estudos futuros.
Investigadora responsable: María M. Álvarez Lires
Equipo investigador da Universidade de Vigo: María Álvarez-Lires, María Eulalia Agrelo-Costas, Azucena Arias-Correa, María Lorenzo-Rial, Uxío Pérez-Rodríguez, Mercedes Varela-Losada, Francisco Serrallé-Marzoa
Investigadoras en formación: Tamara Amorín de Abreu, Carla Blanco Pérez, Rocio Araujo Álvarez
Traballo de campo: Xabier Álvarez-Lires