Póster científico / 6ª edición Cátedra Feminismos 4.0

Políticas fiscais de igualdade aplicadas ao traballo da muller e dixitalización

A investigación ten como obxecto analizar a situación actual do traballo da muller, partindo da súa configuración legal, e atendendo ás políticas fiscais de igualdade. O estudo incorpora o exame de medidas de fomento do traballo da muller, orientadas a acadar una verdadeira igualdade no mercado laboral. Analízase de maneira pormenorizada o fenómeno da dixitalización no mercado laboral e o seu impacto no emprego da muller.

Entre os diversos instrumentos xurídico-políticos existentes para acadar una verdadeira equiparación de homes e mulleres no mercado laboral, o emprego do sistema tributario e de gasto público resulta esencial. As propostas de futuro indicadas polas investigadoras e investigadores desde proxecto non só se referirán ao sistema financeiro estatal. Así, as políticas fiscais das Comunidades autónomas e, en particular, de Galicia, tamén deben ser revisadas para estimular incorporación e presencia da muller na vida laboral.

Finalmente, examínanse as políticas fiscais das entidades locais, especialmente en materia de gasto público no fomento do emprego da muller, para determinar a súa idoneidade e, no seu caso, a súa revisión.

Investigadora responsable: Soraya Rodríguez Losada

Equipo de investigación: Ana María Pita Grandal, Roberto Ignacio Hernández López, Carmen Ruiz Hidalgo, Jaime Aneiros Pereira, Luis Muleiro Parada, Mónica Siota Álvarez, Mónica García Freiría.