• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Premios

Nacen os Premios GirlGeekCovid para incentivar, apoiar e fomentar os estudos STEM entre mulleres

  • Categorías Premios
  • Data Setembro 22, 2020
Premios Girl Geek Covid Catedra Feminismos 40

Convócanse no marco da Cátedra de Feminismos 4.0 aos que poden presentarse as alumnas matriculadas nestas titulacións dos campus de Vigo e Pontevedra

Segundo o Observatorio da Igualdade da UVigo, publicado neste mes de setembro, as alumnas son maioría en todos os eidos do coñecemento, excepto no da enxeñaría e a arquitectura, no que representan tan só o 23% do total de estudantes matriculados/as. Esta infrarrepresentación pode xerar unha enorme fenda económica e salarial nun futuro no que se agarda que o 90% dos traballos van a pertencer a estes ámbitos.

Para facer fronte a esta situación e fomentar a presenza de mulleres no eido científico e tecnolóxico, a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo lanzan os Premios GirlGeekCovid, que se enmarcan na Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo que ambas institucións renovaron este pasado mes de xullo. A convocatoria está destinada ás alumnas da Universidade de Vigo matriculadas nalgunha das titulacións STEM, nos campus de Vigo e Pontevedra, e ten como obxectivo incentivar, apoiar e fomentar este tipo de estudos entre as mozas. Este premio nace no actual contexto de pandemia e a conseguinte crise económica, que afecta en maior medida ás mulleres, a fin de promocionar os estudos STEM, campo no que hai unha menor presenza de mulleres, pese á importancia estratéxica deste ámbito na nosa sociedade, o que pode redundar no incremento da fenda de xénero no futuro das novas xeracións.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, animou ás estudantes a presentarse a estes premios “porque as rapazas máis novas necesitan referentes femininos que lles expliquen a importancia de cursar estas carreiras, que lles reafirmen que unha nena pode estudiar o que ela queira, e o relevante que é para a sociedade actual poder contar co talento e co coñecemento das mulleres”. “O que non se coñece non se pode desexar, sinalou a presidenta provincial, por iso é tan importante que visibilicemos ás mulleres que xa están nas STEM e que poidan falar delo”.

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa destacou que “o firme compromiso da presidencia da Deputación e da nosa universidade está posibilitando impulsar e reforzar as oportunidades para que as mozas opten e permanezan formándose no ámbito STEM, tan estratéxico na actualidade”.

Os premios recoñecerán o mellor aproveitamento académico das candidatas, ademais da súa motivación explícita nos estudos STEM. Así, poderán presentarse as mulleres matriculadas na Universidade de Vigo no curso 2020/2021 en 60 créditos en titulacións de grao ou mestrado das ramas de Enxeñaría ou Ciencias dos campus de Pontevedra e Vigo. Deberán ter superados ata o curso 2019/2020 como mínimo 60 créditos da titulación na que se atopa matriculada e ter unha nota media do expediente ata o curso 2019/2020 igual ou superior a 7 nas titulacións da rama de Enxeñaría e a 8 nas titulacións da rama de Ciencias. O prazo de presentación das solicitudes remata o 16 de outubro. Neste sentido, a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, explicou que “estes premios nacen co fin de reforzar e apoiar as vocacións STEM das mozas da nosa Universidade e está na liña marcada por esta cátedra co fin último e incorporar ás mulleres ao mundo dixital e acabar co machismo e o sexismo dixital, máis aínda neste tempo de covid-19 onde o ámbito dixital resulta fundamental en todos os ámbitos da nosa vida social, laboral e persoal”.

A convocatoria contempla que se outorgará un primeiro premio de 2000€ e un accésit de 1000€ en cada rama (Ciencias e Enxeñaría). O xurado valorará tanto o expediente académico como a motivación das mozas, que deberán presentar unha carta na que amosen, por unha banda, as razóns que as levaron a optar por realizar estudos universitarios no ámbito das STEM e, por outra, onde reflexionen sobre a súa experiencia persoal como mulleres nun ámbito tradicionalmente masculinizado.

Ver convocatoria

 

Tag:Covid-19, investigación, Premios GirlGeekCovid, STEM

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

Estas son as axudas de investigación da Cátedra concedidas en 2020
Setembro 22, 2020

Seguinte post

A 2ª edición do "Workshop: sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado" celebrarase este outono
Outubro 7, 2020

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

Segundo Informe Stop Machitroles
O 63% das situacións de acoso dixital procede de homes coñecidos da vítima, segundo un novo informe da Cátedra de Feminismos 4.0
14Nov2022
Stop Machitroles 2 convocatoria
O 14 de novembro preséntase o informe «A violencia machista dixital a través da prensa galega»
11Nov2022
Presentacion videos CIMA
Só o 26% das mulleres ocupa postos directivos no audiovisual galego, pese a representar o 55% dos papeis protagonistas
09Nov2022

Posts recentes

Segundo Informe Stop Machitroles
O 63% das situacións de acoso dixital procede de homes coñecidos da vítima, segundo un novo informe da Cátedra de Feminismos 4.0
14Nov2022
Stop Machitroles 2 convocatoria
O 14 de novembro preséntase o informe «A violencia machista dixital a través da prensa galega»
11Nov2022
Presentacion videos CIMA
Só o 26% das mulleres ocupa postos directivos no audiovisual galego, pese a representar o 55% dos papeis protagonistas
09Nov2022

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 

+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.es

Cátedra de Feminismos 4.0 impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade