• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Accións Cátedra

O 9 de novembro presentaranse os vídeos do estudo de CIMA sobre a situación das mulleres no audiovisual galego

  • Categorías Accións Cátedra
  • Data Novembro 8, 2022
Presentacion videos CIMA

O 9 de novembro ás 17:00 h a delegación en Galicia da Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) e a Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, presentarán tres vídeos que destacan as principais conclusións do estudo A representatividade e re-presentación das mulleres no audiovisual galego.

Na apertura do acto participará o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger, a decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Emma Torres-Romay, e a deputada da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias.

Posteriormente, a directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez, presentará e dará paso a Mariana Carballal e Amada Traba, coordinadora e unha das autoras da investigación, respectivamente. Tamén se celebrará un debate e unha quenda de preguntas para a participación do público.

A presentación terá lugar no salón de Graos (3º andar) da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (Campus A Xunqueira, s/n, 36005 Pontevedra).

Tamén se poderá seguir en liña a través da canle Directo 1 da UVigo TV: https://bit.ly/Streaming_CIMA2022

Podes consultar o programa do acto no seguinte enlace.

Sobre os vídeos e o estudo

A Cátedra de Feminismos 4.0 apoiou a realización de tres vídeos que serven para divulgar as principais conclusións do estudo A representatividade e re-presentación das mulleres no audiovisual galego, elaborado pola Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA).

Este informe, que agora se comunica a través de breves pílulas audiovisuais, busca impulsar a investigación con perspectiva de xénero sobre a realidade audiovisual en Galicia. Todos os datos recollidos son desagregados por sexo, para captar as posibles fendas de xénero existentes que marcan a situación das mulleres no sector.

Entre outros aspectos, analiza a situación das mulleres nos postos de representatividade, ademais de indagar nos roles e vínculos representados, empregando a análise de contido.

Sobre as relatoras

Na presentación participarán a coordinadora e unha das autoras do estudo: Mariana Carballal e Amada Traba. A continuación, incluímos unha breve descrición do seu perfil profesional.

Mariana Carballal
Mariana Fernández, de nome artístico Mariana Carballal, é docente, directora de cine, teatro, televisión e activista pola igualdade de xénero na cultura. Actualmente traballa como profesora de Interpretación na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD de Galicia, de Dirección en Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación da Universidade de Vigo, e de Interpretación na Universidade do Minho (Portugal).

Recibiu o «Premio Galicia en Feminino», concedido pola Xunta de Galicia en recoñecemento á súa contribución á visibilidade das mulleres nas artes, e os premios de honra «Xociviga» e «Mácara de Teatro», en recoñecemento á súa carreira profesional.

Amada Traba
Dende 1997 é docente na Universidade de Vigo, onde imparte a materia de Socioloxía da Educación nos graos de Educación Infantil e de Primaria. Leva case trinta anos de participación en numerosas actividades de formación en igualdade con perspectiva de xénero. Tamén foi investigadora en dous proxectos da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo, así como nun proxecto EQUAL.

No ámbito das políticas de igualdade é coautora da primeira «Diagnose da igualdade na Universidade de Vigo» (2010) e das bases para o deseño do «I plan de Igualdade da Universidade de Vigo» (2011). Foi colaboradora, en varias ocasións, da Concellería da Muller do Concello de Vigo, coordinando a diagnose para o «Primeiro Plan de Igualdade das Mulleres da cidade».

Entidades promotoras

A Deputación de Pontevedra, xunto coa Universidade de Vigo, teñen como obxectivo, a través da creación da Cátedra de Feminismos 4.0, promover a igualdade, a non discriminación e accesibilidade universal das mulleres no ámbito das actuais sociedades da información. En concreto, a promoción e o impulso de actividades de investigación e innovación feminista en todos os ámbitos do coñecemento, priorizando os estudos relacionados coa dixitalización actual da sociedade e o ámbito das STEM (siglas en inglés de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), onde as mulleres están infrarrepresentadas e resulta un espazo cada vez máis relevante nas sociedades do futuro.

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

O 58% do estudantado da Universidade de Vigo sufriu acoso por Instagram pero só o 17% denunciou
Novembro 8, 2022

Seguinte post

Só o 26% das mulleres ocupa postos directivos no audiovisual galego, pese a representar o 55% dos papeis protagonistas
Novembro 9, 2022

You may also like

premiosgirlgeekcovid2023
Entrega dos Premios GirlGeekCovid 2023
10 Febreiro, 2023
TW CATEDRA FEMINISMOS 5 (1)
A terceira edición dos Premios GirlGeekCovid recoñecerá este xoves 9 de febreiro os mellores expedientes femininos en Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura da Universidade de Vigo
6 Febreiro, 2023
Segundo Informe Stop Machitroles
O 63% das situacións de acoso dixital procede de homes coñecidos da vítima, segundo un novo informe da Cátedra de Feminismos 4.0
14 Novembro, 2022

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

Entrega dos Premios GirlGeekCovid 2023
10Feb2023
A terceira edición dos Premios GirlGeekCovid recoñecerá este xoves 9 de febreiro os mellores expedientes femininos en Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura da Universidade de Vigo
06Feb2023
Segundo Informe Stop Machitroles
O 63% das situacións de acoso dixital procede de homes coñecidos da vítima, segundo un novo informe da Cátedra de Feminismos 4.0
14Nov2022

Posts recentes

Entrega dos Premios GirlGeekCovid 2023
10Feb2023
A terceira edición dos Premios GirlGeekCovid recoñecerá este xoves 9 de febreiro os mellores expedientes femininos en Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura da Universidade de Vigo
06Feb2023
Segundo Informe Stop Machitroles
O 63% das situacións de acoso dixital procede de homes coñecidos da vítima, segundo un novo informe da Cátedra de Feminismos 4.0
14Nov2022

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 

+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.es

Cátedra de Feminismos 4.0 impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade