Así foi a presentación dos videos sobre o estudo “A representatividade e representación das mulleres no audiovisual galego”
A Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, presentou, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, unha serie de tres vídeos que ilustran algunhas das principais conclusións do estudo A representatividade e representación das mulleres no audiovisual galego, elaborado pola Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA). Participaron na presentación o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger, a deputada provincial Ana Laura Iglesias e a decana da Facultade, Emma Torres-Romay, así como dúas das autoras da investigación, Mariana Carballal e Amada Traba. O acto foi conducido pola Directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Águeda Gómez.
A continuación podes visualizar os vídeos do evento.
PARTICIPANTES:
Presentadoras: Águeda Gómez.
Relatoras: Mariana Carballal e Amada Traba.