Póster científico / 6ª edición Cátedra Feminismos 4.0

Prevención da Ciberviolencia de xénero na poboación adolescente no contexto de Pontevedra

Nos últimos anos produciuse un gran incremento do uso de Internet e Redes Sociais, xerando un gran impacto na nosa sociedade. Deste xeito, as novas tecnoloxías propiciaron novas formas de entretemento e diferentes modos de establecer relacións sociais e comunicativas, particularmente na adolescencia. De feito, a literatura advirte de que as adiccións derivadas das tecnoloxías deron lugar a novas formas de uso incontrolado e impulsivo por parte desta poboación.

Esta investigación pretende:

  • Coñecer as condutas de risco de adicción ás Redes Sociais e Internet.
  • Coñecer os usos da pornografía.
  • Examinar a prevalencia de vitimización por ciberacoso, sexting e grooming.
  • Analizar as diferenzas das variables.
  • Estudar as crenzas sexistas e a súa relación co ciberacoso, sexting e grooming.
  • Identificar e propoñer prácticas con perspectiva de xénero para a elaboración de programas de prevención para os/as adolescentes para a provincia de Pontevedra.

Investigadora responsable: Emma Torres.