• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Unha guía para fomentar que o alumnado de secundaria coñeza referentes femininos da Universidade de Vigo

  • Categorías Mulleres na Ciencia
  • Data Agosto 28, 2020
Web Catedra Feminismos 40 Quero Ser Investigadora

A Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo presentou este ano, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller a publicación Quero ser investigadora, dez pequenas historias, ao xeito dun conto, a través das que se difunde a experiencia de dez científicas que apostaron por facer o que lles gusta e por colaborar no avance da sociedade traballando desde a Universidade de Vigo.

O obxectivo fundamental é visibilizar e poñer en valor o traballo de mulleres científicas contemporáneas, pioneiras en moitos casos, e espertar a vocación investigadora entre as novas xeracións, con figuras femininas da súa contorna como referencia, como parte dunha estratexia para construír un mundo máis xusto e igualitario onde as mulleres vaian gañando presenza nas áreas de coñecemento científicas e tecnolóxicas, primordiais nos vindeiros anos. Son xa habituais as campañas que empregan como referentes mulleres de gran talento como Marie Curie, Jane Godwall, Ada Lovelace etc., que quedan moi afastadas destas nenas e nenos, tanto no tempo como no mapa. Por iso, desde a Unidade de Cultura Científica e da Innovación apostouse por ofrecerlles ás novas xeracións exemplos de investigadoras actuais e que están moito máis perto do que normalmente se pensa. Trátase de Julia Armesto González, Lola Dopico Aneiros, Francisca Fariña Rivera, Ana Garriga Domínguez, María Lameiras Fernández, Elena Ojea Fernández Colmeiro, Lorena Otero Cerdeira, María Concepción Paz Penín, Elena Sánchez Trigo e Diana Valverde Pérez.

Para que as rapazas e rapaces coñezan a estas investigadoras, a guía repartirase en institutos de secundaria de toda Galicia en colaboración coa Vicerreitoría de Captación de alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria. Ademais, estará dispoñible na páxina web da univesidade e acompañarase dunha sinxela unidade didáctica coa que se facilitará o traballo na aula.

Coñece ás protagonistas de «Quero ser investigadora»

Descarga a publicación «Quero ser investigadora»

Descarga a guía didáctica para a publicación «Quero ser investigadora»

Tag:Designer, ThimPress

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo impulsan a 2ª edición da Cátedra
Agosto 28, 2020

Seguinte post

Estas son as axudas de investigación da Cátedra concedidas en 2020
Setembro 18, 2020

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 

+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.gal

Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade