Catedra Estudo investigadoras universidade de vigo covid19

Estudo “Xénero e investigación científica na Universidade de Vigo en tempos da covid-19”

Esta investigación ten como obxectivo central analizar a fenda científica e a fenda de coidados no marco da covid-19, así como o seu impacto no ámbito profesional, persoal e emocional no persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.

Catedra Feminismo 40 Quero ser investigadora UVigo

Quero ser investigadora

Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo publicou, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller 2020, o documento Quero ser investigadora, dez pequenas historias, ao xeito dun conto, a través das que se difunde a experiencia de dez científicas que apostaron por facer o que lles gusta e por colaborar no avance da sociedade traballando desde a Universidade de Vigo.

Catedra Feminismos 40 Mulleres Dixitais Referentes

As mulleres na economía dixital en España. Traxectorias inspiradoras

Este informe do Instituto da Muller e o Observatorio Nacional de Telecomunicacións e Sociedade da Información (ONTSI), de Red.es, amosa exemplos de traxectorias profesionais no ecosistema dixital a partir da experiencia de mulleres que actualmente desenvolven a súa carreira neste eido.

Catedra Feminismos 40 estudo mulleres e dixitalizacion

Mulleres e dixitalización. Das fendas dixitais aos algoritmos

Este é un estudo de revisión da literatura e a investigación máis recente sobre un tema tan complexo e diverso como o vinculado aos retos e oportunidades que a dixitalización ofrece a todas as persoas, pero especialmente ás mulleres. Publicado polo Instituto da Muller e o Observatorio Nacional de Telecomunicacións e Sociedade da Información (ONTSI), de Red.es.

Catedra Feminismos 40 principios feministas internet GenderIT

Principios feministas para Internet (2ª versión)

Unha Internet feminista ten como obxectivo traballar para empoderar a máis mulleres e persoas queer – en toda a súa diversidade – para gozar plenamente dos seus dereitos, participar no pracer e o xogo e desmantelar o patriarcado. Os seguintes principios clave son fundamentais para alcanzar unha Internet feminista.

Catedra Feminismos 40 barometro e-igualdade

As nosas vidas dixitais. Barómetro da e-igualdade de xénero en España

A partir dos resultados deste primeiro traballo, impulsado polo el Instituto da Muller e Red.es, conclúese que aínda existen diferenzas significativas entre homes e mulleres no uso persoal das TIC, sendo as mulleres maiores as que presentan máis desvantaxes.

Catedra Feminismos 40 Solo mujeres listas

“Só para mozas listas”, artigo de Mujeres con ciencia

Só para mozas listas é unha lectura moi ilustrativa no blog de Mujeres con ciencia da Cátedra de Cultura Científica sobre as carreiras PECS (Physics, Engineering and Computer Science), novo acrónimo que vén substituír a STEM xa que refire ás áreas que están máis masculinizadas.

Catedra Feminismos 40 Instituto Mujer seminario covid y tecnologia genero

Seminario “Covid e tecnoloxía en clave de xénero”

Celebrado en outubro de 2020 a través de catro sesións en liña, este seminario impulsado polo Instituto da Muller aborda distintos aspectos, como o teletraballo e os coidados, a educación en igualdade e tecnoloxía, a intelixencia artificial e xénero ou as redes de solidariedade e apoio mutuo ante a crise.

Catedra Feminismos 40 Protocolo Acoso Femdevs

Recursos de actuación contra o acoso, facilitados por Femdevs

Este protocolo contén unha serie de recursos que poden ser de gran axuda se se dá unha situación de acoso. Está elaborado por Femdevs.

Catedra Feminismos 40 Redefinindo as mulleres The Noun Project

Redifinindo as mulleres | Proxecto de The Noun Project

Esta iniciativa de The Noun Project achega iconos cos que se pode mudar a visión que se ten das mulleres en determinadas profesións e roles.