Donestech é un colectivo que investiga e intervén no campo das mulleres e as novas tecnoloxías.​​​ Naceu en Barcelona en 2006 e converteuse en clave para entender a investigación e acción ciberfeminista, sobre todo no mundo latino, feminista e nas contornas activistas.

Proxecto impulsado desde a Cátedra de Cultura Científica, nace co obxectivo de mostrar o que fan e fixeron as mulleres que se dedicaron e dedican á ciencia e á tecnoloxía.

Internet Ciudadana é unha iniciativa en construción que aposta a xerar un espazo de empoderamento da cidadanía na Rede.

AllWomen é unha academia de formación creada por e para mulleres co obxectivo de darlles acceso e prosperidade na industria tecnolóxica a todos os niveis.

Ciberseguras é un espazo de aprendizaxe sobre tecnoloxía e feminismos, onde coñecer como protexer os dispositivos electrónicos e organizar encontros.

É un espazo para a reflexión, a influencia e a promoción da política da Internet en relación cos dereitos e as demandas das mulleres, as persoas con diversidade de xénero e as cuestións relacionadas coa sexualidade. Promovido polo Programa de Dereitos da Muller da Asociación para o Progreso das Comunicacións.

Espazo para intercambiar con mulleres e nenas sobre ferramentas tecnolóxicas de seguridade dixital e o seu empoderamento nos espazos dixitais.

Organización que impulsa a discusión, a investigación e o desenvolvemento de todo o relacionado cos dereitos dixitais da poboación feminina en Arxentina e en Latinoamerica.

É un grupo de usuarias de Wikipedia preocupadas pola diversidade e a neutralidade da Wikipedia e dispostas a traballar para diminuír (e nun futuro eliminar) a fenda de xénero e culturas que existe na enciclopedia máis consultada na Internet.

É unha iniciativa da Junta de Andalucía que busca traballar de forma cooperativa e aberta con aquelas entidades e persoas que desexan acabar coa fenda de xénero no ámbito da tecnoloxía.

É un grupo impulsado pola Real Sociedade Española de Física para aumentar a presenza de mulleres en física, visibilizar os seus logros e defender os seus intereses e a igualdade de dereitos e oportunidades.

É unha plataforma para a visibilidade e promoción do talento feminino no campo STEM.

É unha asociación sen ánimo de lucro que xestiona e promove un medialab na cidade de Vigo. Un espacio onde makers, comunidades tecnolóxicas e empresas, dispoñen do equipamento necesario para poder levar a cabo os seus proxectos

Colectiva feminista que habita o espazo público dixital e físico para impulsar procesos de transformación política, persoal e colectiva, a través da creación e difusión de historias, a reflexión e apropiación crítica feminista das tecnoloxías e a creación de espazos de encontro.

O Women in Science & Engineering Leadership Institute (WISELI) é un centro de investigación da Universidade de Wisconsin-Madison. A misión de WISELI é aumentar a representación, a promoción e a satisfacción no lugar de traballo das mulleres que exercen a docencia e dos membros dos grupos actualmente infrarrepresentados no corpo docente e no liderado da UW-Madison.

AI4All Web Catedra Feminismos

AI4ALL é unha organización sen ánimo de lucro con sede en Estados Unidos dedicada a aumentar a diversidade e a inclusión na educación, a investigación, o desenvolvemento e a política da Intelixencia Artificial (IA).

GDI é un grupo de investigación da Universidade Técnica de Aquisgrán (oficialmente RWTH Aachen University). O seu obxectivo principal é promover unha investigación e un dessenvolvemento sostenibles, innovadores e orientados ao futuro.

É unha rede mundial de organizacións de mulleres no ámbito da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas (STEM), que chega a máis de 60 países e que procura a participación plena e efectiva das mulleres e as nenas nos eidos STEM.