
Reiniciando o sistema: un espazo para pensar críticamente sobre o mundo dixital
A Cátedra de Feminismos 4.0 impulsa unha nova proposta de encontro e reflexión colectiva arredor dos desafíos da transformación dixital. A iniciativa adopta a forma dun conversatorio aberto á comunidade universitaria e á cidadanía, concebido como un tempo para analizar de maneira crítica como as tecnoloxías inciden nas nosas relacións sociais, a participación pública, a produción de coñecemento e as desigualdades de xénero.
Nun contexto marcado pola expansión da intelixencia artificial, a crecente presenza das plataformas dixitais nas nosas vidas e a aparición de novas formas de exclusión e violencia nos contornos en liña, resulta imprescindible crear oportunidades de diálogo que permitan comprender estes procesos desde unha perspectiva feminista. O obxectivo é promover unha reflexión colectiva sobre as relacións entre tecnoloxía, poder e igualdade, e contribuír á construción dunha cultura dixital máis igualitaria e comprometida cos dereitos de todas as persoas.
Unha iniciativa para compartir coñecementos e experiencias
O conversatorio desenvolverase en formato mixto, presencial e virtual, favorecendo así a participación de persoas procedentes de diferentes ámbitos. A proposta combina a intervención de especialistas cun enfoque participativo orientado ao intercambio de experiencias, preguntas e reflexións compartidas.
A actividade está dirixida á comunidade universitaria e a todas aquelas persoas interesadas nos retos da sociedade dixital, especialmente profesionais e estudantado dos ámbitos da tecnoloxía, a educación, a igualdade, a investigación e a intervención social.
Os conversatorios
As dúas sesións desta nova acción desenvolveranse nas Gradas do Edificio Redeiras (Vigo) e poderán seguirse tamén en liña:
10 de novembro de 2026 | 19:00 h
É posible unha relación feminista coa intelixencia artificial?
Margarita Padilla García. Programadora informática, cofundadora de SinDominio, escritora, activista e figura referente na reflexión sobre tecnoloxía,
cultura libre e soberanía tecnolóxica.
12 de novembro de 2026 | 17:30 h
Sementar futuros
Eurídice Cabañes. Filósofa, investigadora e especialista na análise crítica da tecnoloxía, os datos e os seus impactos sociais desde unha perspectiva feminista.
Tecnoloxía, sociedade e feminismos
Máis alá da análise técnica das ferramentas dixitais, esta iniciativa pretende abrir preguntas sobre quen deseña as tecnoloxías, que valores incorporan, que formas de poder reproducen e que alternativas poden contribuír a construír espazos dixitais máis xustos e habitables.
O conversatorio aspira tamén a fortalecer redes de colaboración entre institucións, profesionais, investigadoras e cidadanía, favorecendo a creación de coñecemento compartido arredor dos impactos sociais, culturais e políticos da transformación dixital.
Porque a tecnoloxía non é neutral. E pensar colectivamente o seu papel nas nosas vidas constitúe hoxe unha tarefa fundamental para avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria.
Entrada libre ata completar aforo. As conversas se retransmitirán vía streaming a través da canle 2 da UVigoTV. Os conversatorios serán gravados e estarán accesibles a través dos repertorios da UVigo e da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo.



