• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Accións Cátedra

O 63% das situacións de acoso dixital procede de homes coñecidos da vítima, segundo un novo informe da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo

  • Categorías Accións Cátedra
  • Data Novembro 14, 2022
Segundo Informe Stop Machitroles

A Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra, presentou o segundo informe do Observatorio Stop Machitroles, que analiza a violencia machista dixital a través da prensa galega e que, entre os seus resultados, conclúe que o 63% das situación de acoso dixital procede de homes coñecidos da vítima. Participaron na presentación a deputada de Turismo e Xuventude, Ana Laura Iglesias, a directora da Unidade de Igualdade da UVigo e da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo, Águeda Gómez, e a experta en ciberviolencias machistas Estíbaliz Linares Bahíllo.

Estes acosadores forman parte tanto do ámbito afectivo (parellas ou ex-parellas), como do educativo, deportivo, veciñal ou laboral da vítima. Nestes casos, o acosador dirixe a súa violencia, vixilancia e fustrigación dixital a unha muller concreta. Segundo os casos que aparecen na prensa, só un 10,3 % son acosadores descoñecidos para as vítimas e, nestes casos, o acosador tamén dirixe a súa violencia cara a unha única muller.

En relación coas tipoloxías do acoso, o informe identifica tres grandes grupos: o ambiental (que se produce en ambientes educativos, deportivos e lúdicos); o da manoesfera (a través dunha acción de acoso orquestrado e organizado) ou o que denomina o «efecto Johnny» (as denuncias do suposto acosador ou maltratador á súa vítima por difamación, como no caso do xuízo entre Johnny Depp e Amber Heard).

Análise de gran parte do ecosistema mediático galego

Esta investigación exploratoria (que se completará cun estudo de campo máis profundo nos próximos meses) analizou, entre xaneiro e setembro de 2022, un total de 245 noticias de gran parte do ecosistema mediático galego, incluído o diario El País. Este achegamento, a través das noticias de prensa, opera como un indicador da importancia deste fenómeno para os medios, e amosa en que grao o acoso dixital machista é susceptible de converterse en noticia.

Esta mostra permite extraer algunhas conclusións sobre a prevalencia e a tipoloxía destes feitos e axúda a coñecer con algo máis de detalle a preocupante realidade do machismo dixital.

Alarmante número de nenas e adolescentes vítimas

Ademais das conclusións xa citadas, outro dos resultados destaca o continuo da violencia machista, que salta da vida material ao espazo dixital onde se multiplica utilizando os dispositivos tecnolóxicos e as redes sociais. No que recollen estes medios, en moi poucos casos se describen violencias machistas exclusivamente dixitais.

En canto ás vítimas, son todas mulleres. A análise sinala que “resulta alarmante” o número de nenas e de adolescentes que sofren este tipo de violencias machistas. Entre as técnicas máis utilizadas están a sextorsión, os desnudos (nudes) non solicitados, o cyberflashing, a chamada pornovinganza, a ciberfustrigación, a ciberespreita, a ciberintimidación, o ciberacoso, o phubbing, o flaming, o cracking de contas, o uso de aplicacións (spyware) para controlar os seus movementos e a súa localización física e en liña ou as mensaxes compulsivas e reiteradas.

Moitas noticias son publicadas por estar implicadas persoas famosas, como vítimas ou como acosadores. Este tipo de novas actúa como modelo paradigmático da frecuencia, intensidade e transversalidade das violencias machistas en todos os estratos sociais, ideoloxías, idades ou profesións.

A violencia dixital, un problema socioestrutural

A deputada provincial Ana Laura Iglesias asegurou que “este informe é moi actual e significativo dada a importancia que acadan as redes sociais no noso día a día”. Iglesias cualificou de “alarmante” a “elevadísima porcentaxe de adolescentes que consideran normal que as súas parellas lles revisen o teléfono móbil, teñan un control dos seus contrasinais e rexistros de chamadas telefónicas e mensaxes, e que non crean na existencia da violencia machista”. Ante iso, asegurou, “levar a cabo esta investigación do ciberespazo é fundamental, xa que poderemos levalo ás aulas e crear estratexias e mecanismos para que as rapazas se poidan protexer da violencia machista, con solucións e camiños a seguir para evitalo”.

A directora da Unidade de Igualdade e da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo da Universidade de Vigo, Águeda Gómez, tendo en conta os resultados do informe, destacou que “a violencia dixital é un fenómeno que ten xénero: a maior parte da violencia vai dirixida cara ás mulleres e os seus autores son maioritariamente homes”. E, facendo referencia ao estudo, sinalou que esta violencia “ten unha forte e virulenta compoñente sexual”, que se utiliza coa intención de “crear un clima de terror sexual que serve para controlar e condicionar a vida das mulleres no espazo público dixital e que afecta tamén ao resto de esferas da vida”.

A Cátedra, instrumento para promover a igualdade

A Deputación de Pontevedra, xunto coa Universidade de Vigo, teñen como obxectivo, a través da creación da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo, promover a igualdade, a non discriminación e accesibilidade universal das mulleres no ámbito das actuais sociedades da información. En concreto, a promoción e o impulso de actividades de investigación e innovación feminista en todos os ámbitos do coñecemento, priorizando os estudos relacionados coa dixitalización actual da sociedade e o ámbito das STEM (siglas en inglés de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), onde as mulleres están infrarrepresentadas e resulta un espazo cada vez máis relevante nas sociedades do futuro.

Podes consultar o informe completo na web da Cátedra.

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

O 14 de novembro preséntase o informe «A violencia machista dixital a través da prensa galega»
Novembro 14, 2022

Seguinte post

A terceira edición dos Premios GirlGeekCovid recoñecerá este xoves 9 de febreiro os mellores expedientes femininos en Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura da Universidade de Vigo
Febreiro 6, 2023

You may also like

girlgeekpower
Aberta a convocatoria dos premios GirlGeekPower 2023
21 Xullo, 2023
banner_gender_on_digital_call_for_paper
“Call for paper”: Aberto o prazo para publicar na revista GENDER ON DIGITAL. Journal of Digital Feminism
15 Xuño, 2023
premiosgirlgeekcovid2023
Entrega dos Premios GirlGeekCovid 2023
10 Febreiro, 2023

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

Aberta a convocatoria dos premios GirlGeekPower 2023
21Xul2023
“Call for paper”: Aberto o prazo para publicar na revista GENDER ON DIGITAL. Journal of Digital Feminism
15Xuñ2023
Entrega dos Premios GirlGeekCovid 2023
10Feb2023

Posts recentes

Aberta a convocatoria dos premios GirlGeekPower 2023
21Xul2023
“Call for paper”: Aberto o prazo para publicar na revista GENDER ON DIGITAL. Journal of Digital Feminism
15Xuñ2023
Entrega dos Premios GirlGeekCovid 2023
10Feb2023

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 

+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.gal

Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade