Póster científico / 6ª edición Cátedra Feminismos 4.0

Talía – Visibilidade dixital das protagonistas femininas agochadas no teatro histórico

O teatro no século XIX é voceiro de discursos sociais, políticos e culturais moi relevantes, en moitos casos enunciados polas personaxes femininas. Porén, os títulos das obras remiten, polo xeral, aos seus referentes masculinos, sexan estes ou non o eixo do drama. Deste xeito, ademais de preorientarse a interpretación dos textos, a pertinencia das mulleres protagonistas vólvese indetectable en repertorios, catálogos e bases de datos, que indican os dramas polo seu título e que, ao non dispor dunha edición moderna en rede, tampouco facilitan a procura.

Esta investigación pretende:

  1. Localizar e identificar as protagonistas realmente determinantes no conflito dramático dos dramas históricos do século XIX que as agochan no seu título.
  2. Poñer en valor a relevancia do discurso desas personaxes na conformación da literatura dramática moderna.
  3. Recapacitar sobre os nesgos dun canon teatral que se elabora desde o descoñecemento (ou ocultación) do protagonismo feminino.
  4. Incorporar o protagonismo feminino na literatura dramática á web, para favorecer búsquedas que inciten a curiosidade en calquera nivel, tamén o académico, por eses nomes e as mulleres da historia que os inspiraron.
  5. Rescatar para as/os máis novas/os nomes de mulleres que fixeron historia e pasaron á literatura.

Coordinado por: Montserrat Ribao Pereira y Antonio Chas Aguión