Vídeo sobre a presentación do 1º informe ‘Stop Machitroles’
A Cátedra de Feminismos 4.0, grazas ao material facilitado pola UVigoTV da Universidade de Vigo, achega o vídeo completo da presentación do primeiro informe do Observatorio ‘Stop Machitroles’, que representa unha primeira radiografía da violencia machista dixital no eido territorial do sur de Galicia.
No acto de presentación participou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o reitor da Univerdade de Vigo, Manuel Reigosa.
No vídeo tamén se pode visualizar un debate con Elisa García-Mingo, profesora do Departamento de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid, especializada na socioloxía do xénero e na socioloxía da violencia.
?️ Podes ver a presentación do informe na web da UVigoTV, no seguinte enlace.