Vídeo sobre a presentación do 2º informe ‘Stop Machitroles’
A Cátedra de Feminismos 4.0, grazas ao material facilitado pola UVigoTV da Universidade de Vigo, achega o vídeo completo da presentación do segundo informe do Observatorio ‘Stop Machitroles’, que analiza a violencia machista dixital a través da prensa galega.
No acto de presentación participou a deputada de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias. Pola súa banda, a directora da Unidade de Igualdade e Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo, Águeda Gómez foi a encargada de clausurar o evento.
No vídeo tamén se pode visualizar a intervención da experta Estíbaliz Linares Bahíllo que presentou o seu traballo Ante as (Ciber)violencias machistas, estratexias e mecanismos resistentes.
– Podes ver a presentación do informe na web da UVigoTV, no seguinte enlace.