Workshop: Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado. 2ª edición.

Por que non existen medidas para protexer ás mulleres dos continuos ataques nas redes?

Como debemos combater os machitroles?

Que podemos facer para contribuír a visibilizar o traballo das mulleres no ámbito dixital?

Estes e outros debates son os que se trataron en decembro de 2020 no Workshop “Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado” 2ª edición, unha cita organizada pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra ao abrigo da súa Cátedra de Feminismo 4.0 e na que destacadas profesionais de prestixio analizaron en detalle a alarmante desigualdade de xénero nos ámbitos laborais relacionados coa economía dixital, que coloca ás mulleres nun escenario moi precario de cara a un futuro no que a tecnoloxía terá cada vez maior peso sociopolítico e económico nas nosas sociedades.

Invitadas:

PRESENTA: Selina Otero.
PONENTES: Montserrat Boix, Coral del Río, Ana Freire, Silvia Rueda Pascual, Luz Castro e Proyecto Una.
OBRADOIROS: BenCuriosa e Macarena Hernández Conde.