Workshop Hackeando o Patriarcado cuarta edicion

Workshop: Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado. 4ª edición.

Na súa cuarta edición o Workshop “Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado” tivo por lema Novos aparatos ideolóxicos:o patriarcado de vixilancia, polo que o workshop realizou unha reflexión sobre as novas estratexias ideolóxicas patriarcais para perpetuarse a través da misoxinia dixital organizada: a chamada manosferamachoesfera ou manhood, que está a actuar como un novo aparato ideolóxico do patriarcado.

As intervencións foron protagonizadas por Remedios Zafra, Premio Anagrama de Ensaio 2017 e Premio Internacional Ensaio Jovellanos 2022; Mónica Alario Gavilán, autora de Política sexual da pornografía. Sexo, desigualdade, violencia da Editorial Cátedra; Elisa García Mingo, profesora axudanta doutora no Departamento de Socioloxía: Metodoloxía e Teoría da Universidad Complutense de Madrid; Elena Alfageme, historiadora e antropóloga feminista, responsable de xénero de InteRedMaría Teresa Piñeiro Otero, profesora do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña; e Alba Alonso Feijoo, autora do blog Realkiddys e diversos libros.

A continuación podes acceder algunhas das presentacións que realizaron as expertas nas súas respectivas intervencións, tanto descargando o PDF como visualizando o vídeo completo do evento.

PARTICIPANTES:

Presentadoras/moderadoras: Águeda Gómez e Mari Lires.
Relatoras: Remedios Zafra, Mónica Alario, Elisa García Mingo, Elena Alfageme, Mª Teresa Piñeiro e Alba Alonso Feijoo.
Obradoiro: 7H Cooperativa Cultural.

PRESENTACIÓNS (PDF)