Workshop: Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado. 5ª edición.
Na súa quinta edición, o Workshop “Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado” explorou o tema “Ecosistema dixital feminista: a feminisfera en construción“. Esta edición centrouse en discutir a creación de contidos feministas e a construción da esfera dixital feminista como unha forma de combater as estratexias patriarcais que se manifestan a través da misoxinia dixital, incluíndo fenómenos como a manosfera e a machoesfera, que representan novos retos ideolóxicos para o patriarcado no espazo dixital.
As intervencións no workshop foron encabezadas pola catedrática Mª Isabel Menéndez, especialista en análise feminista dos medios e a comunicación dixital, presentada por Encina Calvo, galardoada na introdución da perspectiva de xénero. Entre as relatoras destacadas atopamos a Anita Botwin, xornalista de opinión; Sara Herranz, ilustradora e autora; Gemma Marqués, artista e xestora cultural; e Nuria Vil, poeta e creadora audiovisual. A coordinación estivo a cargo de Águeda Gómez Suárez da Universidade de Vigo.
A xornada rematou coa presentación das pezas resultantes do I Maratón de Creacións Dixitais Feministas, celebrado o pasado 9 de novembro para facilitar un espazo de creación feminista na rede con licenza Creative Commons.
A continuación podes acceder ao poster da xornada e a visualización do vídeo completo do evento.
PARTICIPANTES:
Presentadoras/moderadoras: Águeda Gómez e Encina Calvo.
Relatoras: Mª Isabel Menéndez, Gemma Marqués, Sara Herranz, Nuria Vil, Eva María Lantarón Caeiro, Anita Botwin.