Workshop: Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado. 6ª edición.

Neste ano, durante a sexta edición do Workshop “Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado” titulado “A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activisimo fronte á desigualdade”, as intervencións analizaron a aparición de prexuízos de xénero nas producións xeradas por Intelixencia Artificial arredor dos ámbitos STEM e alertaron sobre a necesidade de involucrarnos na creación de contidos dixitais feministas para combater as brechas de coñecemento.

As intervencións correron da conta da xornalista Patricia Horrillo Guerra, experta en comunicación e redes sociais, que utiliza a súa formación pluridisciplinar en lingüística aplicada, filoloxía Inglesa, márketing e xornalismo para desenvolver proxectos colaborativos en diversos ámbitos. Tamén contamos con Laura Castro Souto, profesora e investigadora titular no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña (UDC), que nos últimos anos está enfocada no impacto social da tecnoloxía, forma parte do recén creado grupo de investigación Cidadanía Dixital (DIGI), e tamén dirixe o Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) e a cátedra CICAS, para o Impulso á Ciencia Aberta a través do Software. Mari Álvarez Lires, científica galega doutora en Química e profesora xubilada da Universidade de Vigo, foi a encargada de presentar e moderar as dúas sesións.

A xornada rematou coa presentación dunha mostra itinerante que presenta todas as actividades que a Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo desenvolveu desde a súa creación no ano 2019.

Durante a xornada estiveron expostos os posters de catro das cinco investigacións financiadas pola Cátedra este ano: Talía – Visibilidade dixital das protagonistas femininas agochadas no teatro históricoAnálise da pornografía dixital e a prostitución – Estudo dos sitios web de contactos na provincia de Pontevedra desde unha perspectiva de xéneroPrevención da ciberviolencia de xénero na poboación adolescente no contexto de Pontevedra; e Políticas fiscais de igualdade aplicadas ao traballo da muller e dixitalización.

A continuación podes acceder ao programa da xornada e á visualización do vídeo completo do evento.

PARTICIPANTES:

Presentadoras/moderadoras: Águeda Gómez e Mari Álvarez Lires.
Relatoras: Patricia Horrillo Guerra e Laura Castro Souto.