Workshop: Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado

Existe unha hexemonía do patriarcado na realidade dixital?

É similar ou maior á existente na realidade sen conexión?

Estes e outros debates son os que se trataron en decembro de 2019 no Workshop “Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado”, unha cita organizada pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra ao abrigo da súa Cátedra de Feminismo 4.0 e na que destacadas profesionais de prestixio analizaron en detalle as causas que provocan a escasa presenza das mulleres nas carreiras STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), tanto na universidade como logo no mundo profesional, así como as distintas manifestacións do denominado machismo dixital e a súa repercusión nos videoxogos, os memes, os asistentes de voz, as actitudes misóxinas nas redes.

Invitadas:

Amparo Alonso Betanzos, María Álvarez Lires, Amelia Verdejo Rodríguez, Marina Amores (Blissy), Mercedes Rodríguez García e Gisela Vaquero