Accesibilidade

Declaración de accesibilidade

A Universidade de Vigo comprometeuse a facer accesible o seu sitio web, de conformidade co Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

A presente declaración de accesibilidade aplícase a https://www.uvigo.gal e as páxinas dependentes dentro do proxecto de migración de contidos da antiga plataforma.

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co RD 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación:

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

Falta de conformidade co RD 1112/2018

  • O sitio web da Universidade de Vigo atópase en proceso de migración de contidos a un novo CMS, polo que as páxinas dependentes do antigo xestor non cumpren a normativa de accesibilidade.
  • Pode haber arquivos ofimáticos en PDF ou outros formatos que non cumpran os requisitos de accesibilidade por teren sido elaborados unicamente co obxecto de presentar determinada información visualmente, se ben habitualmente se ofrece unha alternativa en texto.
  • Poderían existir fallos puntuais de edición nalgunha páxina web.

Carga desproporcionada

  • Non resulta aplicable.

O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable

  • Poderían existir arquivos ofimáticos en PDF ou otros formatos publicados que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade. Aínda que se procurou que a maioría deles si o cumpran.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración preparouse o 19 de decembro de 2019.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo propio organismo.

Observacións e datos de contacto

Pódense realizar comunicacións sobre os requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro) como, por exemplo:

  • Informar sobre cualquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web.

As comunicacións remitiranse ao responsable de accesibilidade da Universidade de Vigo:

 

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

Contido opcional

O sitio web está optimizado para os navegadores M.S. Internet Explorer 8.0 e/ou versións superiores e as últimas versións vixentes de FireFox, Safari, Opera e Google Chrome. A resolución web mínima recomendada é de 1280×1024.

Este sitio web está deseñado para a súa visualización responsive, co cal que se visualiza de forma óptima nos dispositivos tablet e móbiles. Nestes dispositivos está optimizado para a súa visualización nas últimas versións vixentes de Chrome for mobile, Firefox for mobile, Safari mobile, Opera Mini e navegador nativo de Android.

Actualmente a Universidade de Vigo atópase nun proceso de migración de contidos a un novo CMS para cumprir co Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, as normas de accesibilidade nivel A e nivel AA da norma WCAG 2.0. Durante esta tarefa contámplase a modificación de plantillas e novos elementos de edición que garantan a accesibilidade.

A accesibilidade nos sitios web da Administración Pública ten carácter legal

  • A Lei de servizos da información e comercio electrónico (Lei 34/2002, de 11 de xullo entrando en vigor o 12 de outubro de 2002 – LSSICE) indica que se terán en conta as normas UNE 139801:2003, UNE 139802:2003 e sobre todo UNE 139803:2004, ademais das directrices do WAI –Web Accessibility Initiative– que son consideradas, pola Unión Europea, normas de facto. Estas normas teñen en conta a accesibilidade para todos.

Ademais debemos observar o dereito que todas as persoas con algún tipo de discapacidade teñen para acceder á información en igualdade de condicións.

Hai unha alta porcentaxe de persoas que sofren algún tipo de discapacidade que pode dificultar o seu acceso a Internet.

O portal da Universidade de Vigo foi deseñado e programado seguindo as directrices de accesibilidade e usabilidade da iniciativa WAI –Web Accesibility Initiative-, que marca uns estándares internacionais na creación de contidos web accesibles a todo o mundo.

Entre as pautas básicas de accesibilidade marcadas pola Universidade de Vigo podemos mencionar as seguintes:

  • Orde lóxica de presentación dos elementos en pantalla
  • Sistema de navegación simplificado, non se utilizan menús despregable
  • Texto descritivo das imaxes
  • Acceso mediante teclado ás opcións principais
  • Organización: cada páxina está organizada dun xeito claro e estruturada para mellorar a navegación e achegar usabilidade
  • Mapa Web: Proporciona unha visión global e clara do sitio web
  • Linguaxe: utilizar unha linguaxe clara e sinxela para unha mellor comprensión e para facilitar a lectura no monitor do ordenador.

Tamén temos dispoñibles atallos de teclado para o acceso directo a ligazóns específicas, o seu funcionamento é diferente segundo o sistema operativo e os navegadores

Windows:

  • Internet Explorer: ALT + tecla numérica + ENTER
  • Firefox: ALT + tecla numérica

Mac:

  • Safari: Ctrl + tecla numérica

Teclas numéricas:

  • 0 Declaración de accesibilidade
  • 1 Páxina de inicio
  • 2 Utilidades
  • 3 Mapa web
  • 4 Correo web
  • 5 Búsqueda
  • 6 Login
  • 7 Contacto

Validación de W3C XHTML, W3C CSS e W3C WAI-AA pendentes.

De todos os xeitos, se nalgunha das páxinas do novo portal da Universidade de Vigo atopas algún elemento que non cumpre co estipulado, por favor, comunícanolo a través seguinte formulario.