LER MÁIS PRESENTACIÓN 4º INFORME Observatorio de Machismo Dixital MÁIS INFO LEER MÁIS

Combatendo
o machismo dixital

LER MÁIS
MULLERES NA CIENCIA

Empoderando mulleres
no sector STEM

LER MÁIS

A Cátedra de Feminismos 4.0 - DEPO UVigo

Catedra Feminismos Universidade de Vigo

O obxectivo da Cátedra Feminismos 4.0 DEPO-UVigo é a promoción da igualdade, a non discriminación e a accesibilidade universal das mulleres no ámbito das actuais sociedades da información, a promoción e impulso de actividades de investigación e innovación feminista en todos os ámbitos de coñecemento.

Comite de Sabias college paxina Inicio web Catedra Feminismos

O Comité de Sabias

Coñece o labor e as expertas integrantes do Comité de Sabias, órgano consultivo e asesor da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-Uvigo.

Observatorio de Machismo Dixital

Recollemos datos e información para coñecer e analizar a realidade das mulleres que sofren misoxinia e discriminación no eido dixital por razón de xénero.

Entidade financiadora

Quen promove a Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo

Opinións sobre a Cátedra de Feminismos 4.0 - DEPO UVigo

Mari Lires

Mari Lires

Doutora en Química

“A Cátedra recolle unha reivindicación histórica dos Estudos Feministas e de Xénero: promover accións e proxectos de investigación específicos. Parabéns á Universidade de Vigo e á Deputación de Pontevedra por esta iniciativa no contexto da sociedade rede ou dixital, na que constitúe unha necesidade imperiosa o desenvolver e espallar perspectivas críticas feministas.”

Mari Lires. Científica galega Doutora en Química e profesora da Universidade de Vigo no departamento de Didácticas Especiais na Factultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra

luz_castro

Luz Castro Pena

Doutora en Informática

“Aumentar a presenza de mulleres nas carreiras científicas ten unha especial importancia nun mundo cada día máis tecnolóxico e dixitalizado. Neste sentido, deberían coordinarse os esforzos das tres universidades galegas coas administracións públicas e organismos privados no traballo conxunto que nos permita conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria.”

Luz Castro Pena. Doutora en informática. Docente na UDC. Socia fundadora de imaxin|software. I Premio Ada Byron do CPEIG

marina_amoros

Marina Amores

Comunicadora audiovisual

“O labor da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo faise imprescindible no avance social e cultural da sociedade, dotando a mulleres referentes dun altofalante e unha visibilidade, non só para inspirar ás xeracións máis novas, senón tamén para mostrar a toda a sociedade que o movemento feminista segue sendo máis necesario que nunca e que as tecnoloxías e as novas ferramentas son igual de importantes para iso.”

Marina Amores (Blissy). Comunicadora audiovisual de videoxogos. Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo. Creadora do blog A-Fregar. Organizadora principal de Gaming Ladies. Redactora, analista, reporteira e presentadora en Eurogamer.es

soledad_torres

Soledad Torres Guijarro

Enxeñeira en Telecomunicacións

“Grazas aos proxectos de investigación financiados pola Cátedra Feminismos 4.0 DEPO-UVigo puiden formar equipos de investigación integrados por investigadoras do ámbito TIC e expertas en xénero. Desta necesaria interdisciplinariedade aprendemos todas, facilitando a introdución da perspectiva de xénero en toda a nosa investigación.”

Soledad Torres Guijarro. Doutora Enxeñeira en Telecomunicacións, especializada en Tratamento Dixital de Sinais. Docente na Universidade de Vigo. Tesoureira do nodo galego da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT-Gal)