
Investigacións da Cátedra de Feminismos 4.0
Anualmente, a Cátedra de Feminismos 4.0 financia o desenvolvemento de investigacións que abranguen diversas temáticas, pero sempre teñen como eixe a relación entre xénero e as novas tecnoloxías e a ciencia. Nas edicións realizadas ata agora son numerosos os aspectos tratados: desde a perspectiva de xénero nos estudos científico-técnicos até os ataques misóxinos nas redes sociais. A continuación podes explorar as investigacións por edicións.

Bravxs na enxeñaría e informática
A través das caretas ilustradas por Marta Riera, ex-profesora da Facultade de Belas Artes, a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo pretende dar visibilidade a mulleres destacadas no mundo da enxeñería e a informática.

Revista GENDER ON DIGITAL: Journal of Digital Feminism
Revista científica vinculada á Cátedra de Feminismos que ten como obxectivo construír un espazo de reflexión científica crítica (e, polo tanto, feminista) en torno as transformación da sociedade en relación coa irrupción das novas tecnoloxías da comunicación e a conseguinte dixitalización de todas as esferas da vida.