Stickers Bravxs

Emoticonas de Bravxs para WhatsApp

Desde a Cátedra de Feminismos 4.0 achegámosvos outra forma de compartir as caretas das Bravxs, as mulleres referentes na ciencia e na tecnoloxía deseñadas por Marta Riera. Agora tamén están dispoñibles para compartir en WhatsApp! Para conseguilas, cómpre seguir estes sinxelos pasos:

  1. Descarga a aplicación Sticker.ly.
  2. Copia a ligazón indicada máis abaixo e compártea a través de WhatsApp.
  3. Engade as emoticonas ao teu wasap.
  4. E listo! Xa quedan incorporadas no teu apartado de emoticonas de WhatsApp.