Recursos antimachitroles
Na nosa web podes acceder a recursos de interese sobre a violencia dixital e manuais de defensa. Recollemos algúns materiais ou enlaces web doutras entidades, co obxectivo de centralizar unha parte importante do contido que se xera neste ámbito e facilitar o traballo de busca para todas aquelas persoas interesadas.
Arquivos, imaxes e vídeos
Manual sobre seguridad: pasos prácticos para defensores/as de derechos humanos en riesgo
Front Line Defenders
Manual de seguridad digital: kit de herramientas para una internet feminista
Larissa Saud [trayectos.org]
Violencia digital de género: una realidad invisible
Policy brief para abordar su impacto en la sociedad
Observatorio Nacional de Tecnología y Sociedad
Kit de cibercuidado para activistas: Seguridad digital para cuidar nuestro activismo y reapropiarnos de Internet
HIPERDERECHO Tecnología como libertad
Redes sociales en perspectiva de género: Guía para conocer y contrarrestar las violencias de género on-line
Instituto Andaluz de Administración Pública – Consejería de Hacienda y Administración Pública
CuidaTech: Una guía paso a paso para brindar apoyo digital a la sociedad civil
Digital Defenders Partnership
Memes Obradoiro “Reescribe o código. Obradoiro de educación en ciberactivismo feminista“
7H Cooperativa cultural
GREVIO General – Recommendation No. 1 on the digital dimension of violence against women
Council of Europe
Enlaces
Pikara, violencias en liña
Desde Pikara Magazine, un espazo de encontro para feministas e feminismos diversos, levaron a cabo diferentes estratexias e proxectos para achegarse e profundar nas violencias de géneor en liña. Nesta ligazón, podes acceder a todo o traballo que realizaron.
Donestech
Donestech é un colectivo que investiga e intervén no campo das mulleres e as novas tecnoloxías. Naceu en Barcelona en 2006 e converteuse en clave para entender a investigación e acción ciberfeminista, sobre todo no mundo latino, feminista e nas contornas activistas.
Hybridas
Grupo de traballo enfocado ao desenvolvemento de proxectos que promovan o empoderamento para a participación política e cívica con enfoque de xénero tanto a nivel analóxico como dixital. Cada unha delas traballa nunha contorna relacionada coa participación, a investigación, a tecnoloxía e/ou os estudos de xénero.
Ciberseguras
Este é un espazo para aprender, protexernos e organizarnos xuntas, utiliza os filtros para atopar o que estás a buscar. Foi creado por diferentes entidades ciberfeministas: Clandestina (Brasil) , Ciberfeministas GT (Guatemala), Derechos Digitales (Chile-México), Dominemos la tecnología – APC, Luchadoras (México), Nodo Común (Bolivia), SocialTIC (México).
Cibermujeres
Cibermujeres é unha currícula de seguridade dixital con enfoque holístico e perspectiva de xénero que ten o fin de brindar experiencias de aprendizaxe para defensoras de dereitos humanos que traballan en contornas de alto risco.
Cyborg Feminista
Cyborg Feminista é unha iniciativa de TEDIC, unha organización que defende os dereitos dixitais e promove o uso de tecnoloxías libres. Desenvolven un espazo virtual co que buscan ocupar e recuperar unha internet democrática explorando o cruzamento entre xénero e tecnoloxías. Atoparás información, investigacións, eventos e unha rede de persoas detrás que queren que as tecnoloxías sirvan para liberarnos.
Dominemos a tecnoloxía!
“Dominemos a tecnoloxía!” (Take Back The Tech!) é un chamado a todos, especialmente a mulleres e nenas, a tomar o control da tecnoloxía para pór fin á violencia contra as mulleres. É un proxecto de campaña global e colaborativo que destaca o problema da violencia contra as mulleres relacionada coa tecnoloxía, xunto con investigacións e solucións de diferentes partes do mundo.
La clika – Libres en línea
Libres en línea é unha campaña da Sandía Dixital e Loitadoras como parte de Dominemos a tecnoloxía. Neste espazo seguro comparten experiencias, aprendizaxes, reflexións sobre a violencia a través das tecnoloxías, facilitan recursos e dan a coñecer outros proxectos e compañeiras coas que comparten loita.
Luchadoras
Colectiva feminista que habita o espazo público dixital e físico co obxectivo de que as mulleres, novas e nenas vivan con gozo e liberdade tanto os espazos físicos como dixitais, conscientes da súa forza e potencial persoal e colectivo. Impulsan procesos de transformación política persoal e colectiva a través da creación e difusión de historias, a apropiación o TIC’s (tecnoloxías da información e comunicación), a construción dunha internet libre de violencia e a creación de espazos de encontro que reivindican e dignifican os saberes, a forza e o poder das mulleres.
Hiperderecho
Asociación civil peruana sen fins de lucro dedicada a investigar, facilitar o entendemento público e promover o respecto dos dereitos e liberdades en contornas dixitais.
Genderit, análise feminista das políticas de internet
GenderIT.org é un proxecto do Programa dereitos das mulleres da Asociación para o Progreso das Comunicacións. É un espazo de análise e reflexión para activistas, académicas, xornalistas e defensoras dos dereitos das mulleres, os dereitos sexuais e os dereitos en internet. Ofrece un espazo para a reflexión, e a defensa e promoción de políticas e culturas de internet que respondan as necesidades das mulleres, as disidencias sexuais e queer, e a poboación trans.
CiberfemLab
Proxecto que xorde dunha preocupación polas tecnoloxías e a maneira en que nos achegamos a elas. Queren hackear o código patriarcal, re-apropialo e decolonizalo.