Póster científico / 4ª edición Cátedra Feminismos 4.0

Deseño de APP Móbil. Mellora na atención e coordinación en violencia de xénero MAX APP.

Este proxecto centrase no desenvolvemento da aplicación móbil MAX APP, deseñada para mellorar a atención e coordinación institucional en casos de violencia de xénero, particularmente na provincia de Pontevedra.

Inclúe unha fase de diagnóstico con expertos en violencia de xénero, seguida do deseño e desenvolvemento da aplicación, e a súa validación a través de grupos de discusión. Diferenciándose de outras apps cun enfoque máis policial, MAX APP aposta por un enfoque interdisciplinar para unha mellor atención e soporte ás vítimas.

Investigadora responsable: Iria Vázquez Silva.
Membros do equipo: Carmen Verde Diego, Sabela Pérez Martín , Paula Frieiro Padín.