Póster científico / 4ª edición Cátedra Feminismos 4.0

DONAS DO ESPAZO: estudo exploratorio do hábitat igualitario da cidade de Pontevedra.

Este proxecto enfoca a necesidade de integrar unha perspectiva de xénero na planificación e uso dos espazos urbanos de Pontevedra, con énfase na participación e inclusión das mulleres.

A investigación busca identificar as necesidades da poboación feminina respecto ao uso do espazo urbano e caracterizar as dificultades e barreiras que as mulleres enfrontan no acceso a servizos e recursos públicos. Utilizase un enfoque metodolóxico de dúas fases: exploración para elaborar un mapeo dos colectivos civís organizados de mulleres e análise da situación actual a través de enquisas e etnografía urbana. O obxectivo é desenvolver estratexias para unha convivencia igualitaria e máis sostible na cidade.

Equipa  de investigación: Silvia Pérez Freire, Sara Torres Outón, Pilar García Soidán
Equipa de traballo técnico: Elías Trabada Crende, Ana Éneriz Janeiro