Póster científico / 4ª edición Cátedra Feminismos 4.0

Guía operativa para incorporar a perspectiva de xénero á investigación no ámbito tecnolóxico-industrial.

Dirixido por María Concepción Paz Penín da Universidade de Vigo, este proxecto enfócase en crear unha guía práctica para a incorporación da perspectiva de xénero na investigación tecnolóxica e industrial.

A iniciativa busca dotar aos investigadores de ferramentas e pautas específicas para mellorar a calidade das súas propostas de investigación, fomentando así unha aproximación máis inclusiva no ámbito científico. O proxecto desenvolvese a través de varias etapas, incluíndo a recollida e análise de datos, sesións formativas con expertos, a elaboración da guía e a súa posterior difusión.

Investigadora responsable: María Concepción Paz Penín.
Membros do equipo: Carmen Pérez Pérez, Raquel Pérez Orozco, Eduardo Suarez Porto, Félix Quintero Martínez, Lea Melón Cudilleiro, Mariola Norte-Navarro