Póster científico / 6ª edición Cátedra Feminismos 4.0

Mulleres e publicidade en Pontevedra

Esta investigación desenvolveuse cos seguintes obxectivos:

  • Identificar e recuperar ás mulleres que teñen contribuído ao sector publicitario na provincia.
  • Afondar nas causas da “desaparición” das mulleres no sector publicitario. Identificar obstáculos e freos nas carreiras profesionais das mulleres no sector.
  • Definir boas prácticas e propostas de mellora na presenza das mulleres no sector e fomento da creación de redes femininas.
  • Validar a presencia feminina no sector da publicidade e, polo tanto, a existencia de referentes que contribúan a un maior empoderamento das futuras profesionais.
  • Creación dun repositorio de documentación sobre a historia das mulleres na publicidade na provincia de Pontevedra.

A importancia deste traballo fai preciso darlle continuidade á investigación, na loita por contar con maior información e establecer contacto coas pioneiras do sector, recollendo testemuñas de grande importancia para a historia do sector e, sobre todo, para a perda de invisibilidade das mulleres. Do mesmo xeito, a pesares do éxito de contar cunha listaxe de mulleres de referencia, inda quedan moitos máis nomes para recompilar e reivindicar.

Investigadores: Emma Torres-Romay, Silvia García-Mirón, Julinda Molares-Cardoso, Vicente Badenes-Plá y María Gómez-Domínguez. Facultade de Comunicación, Universidade de Vigo.

Realización audiovisual: Adarme.