Póster científico / 4ª edición Cátedra Feminismos 4.0

Toxicidade e violencias machistas nas redes sociais: Un estudo experimental e cualitativo do alumnado da Universidade de Vigo.

Este proxecto de investigación céntrase na dixitalización da violencia de xénero e na súa incidencia e percepción entre o alumnado da Universidade de Vigo, especialmente nas redes sociais.

A investigación busca afondar nas percepcións e experiencias de acoso e outras formas de violencia dixital, así como analizar a influencia dos estereotipos de xénero na creación de contidos e autorrepresentación nas redes. Utilizarase unha combinación de métodos cualitativos e experimentais para explorar as dinámicas de interacción en plataformas como Instagram e a súa relación co sexismo, misoxinia e violencias machistas dixitais. O obxectivo é comprender mellor a normalización desta violencia entre a mocidade e desenvolver estratexias para o seu empoderamento e prevención.

Investigadora responsable: X. Martínez-Rolán
Membros do equipo: T. Piñeiro-Otero, L. Castro-Souto, G. Padilla-Castillo, A. Barrientos-Báez e D. Caldevilla