Póster científico / 4ª edición Cátedra Feminismos 4.0

Usos das tecnoloxías dixitais para a promoción da saúde: adaptación do cuestionario SaludDigitalEdu á poboación adolescente galega (SaludDigitalEdu_Gal)

Este proxecto investiga a promoción dixital da saúde entre adolescentes galegos, centrándose na utilización das tecnoloxías dixitais e o seu impacto na saúde, comportamento e identidade dos xoves.

O obxectivo é adaptar un cuestionario existente para analizar detalladamente como a mocidade utiliza tecnoloxías dixitais para promover a súa saúde. O estudo abordará temas como a saúde e a imaxe corporal, o uso das tecnoloxías dixitais, fontes de información sobre saúde, alfabetización en saúde dixital e a influencia do uso destas tecnoloxías na saúde dos xoves. A investigación tamén explorará as diferenzas sociodemográficas e de xénero no uso destas tecnoloxías. Os datos recollidos ofrecerán unha visión máis profunda sobre como a mocidade en Galicia e Madrid interactúa coa saúde dixital.

Investigadora responsable: Ana Rey Cao
Membros do equipo: María Inés Táboas Pais, María José Camacho Miñano, Irene Solbes Canales