
Workshop: Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado. 3ª edición.
Na súa terceira edición o Workshop “Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado” tivo por lema Intelixencia artificial feminista fronte aos algoritmos machistas. Neste encontro participaron expertas en eidos como a intelixencia artificial (IA) e o machine learning, que achegaron diversas propostas para crear unha fronte común ante os algoritmos machistas.
Todas as participantes manifestaron a súa preocupación sobre como o deseño e adestramento de algoritmos empregados en tecnoloxías disruptivas como a intelixencia artificial ou a aprendizaxe automática non reducen as fendas de xénero, senón todo o contrario. Nas súas intervencións reclamaron que o uso de algoritmos se adapte á realidade demográfica da sociedade, e que estea libre de nesgos sexistas, estereotipos de xénero e misoxinia.
A continuación podes acceder a cada unha das presentacións que realizaron as expertas nas súas respectivas intervencións, tanto descargando o PDF como visualizando o vídeo completo do evento.
PARTIPANTES:
Presentadoras/moderadoras: Águeda Gómez e Luz Castro.
Relatoras: Karina Gibert, Lorena Fernández, Nerea Luis, Oda da plataforma Donestech, Paola Pozzi e Manuel Fernández.
Obradoiro: Adrián Estévez.