• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Accións Cátedra

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo premian a traxectoria de catro estudantes co obxectivo de incentivar as vocacións STEAM entre as mozas

  • Categorías Accións Cátedra
  • Data Febreiro 11, 2021
Premios Girl Geek Covid foto participantes

A Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra entregaron, coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, os Premios GirlGeekCovid, que premian a traxectoria de catro estudantes de Ciencias e Enxeñería da universidade olívica. As mozas que obtiveron este recoñecemento no primeiro premio (dotado con 2.000 euros) nas categorías de Ciencias e Enxeñaría foron Ana Ramírez e Iria Ollero, respectivamente. Pola súa banda, Laura Sánchez e Marielena Márquez lograron un accésit (dotado con 1.000 euros) nesas respectivas categorías.

O xurado valorou tanto o expediente académico (contar cunha nota media do expediente ata o curso 2019/2020 igual ou superior a 7 nas titulacións da rama de Enxeñaría e a 8 nas titulacións da rama de Ciencias) como a motivación das mozas, que presentaron unha carta na que amosaron, por unha banda, as razóns que as levaron a optar por realizar estudos universitarios no ámbito das STEAM e, por outra, onde reflexionaron sobre a súa experiencia persoal como mulleres nun ámbito tradicionalmente masculinizado.

Esta iniciativa enmárcase na Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada pola Deputación e a Universidade, e está destinada ás alumnas da Universidade de Vigo matriculadas nalgunha das titulacións STEAM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas, nas súas siglas en inglés), nos campus de Vigo e Pontevedra. O seu obxectivo principal é incentivar, apoiar e fomentar este tipo de estudos entre as mozas.

O 50% do talento, na cuneta

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou o compromiso da súa entidade para “cambiar as cifras” que neste momento arroxa o mundo científico e que amosan que aínda se está a “deixar na cuneta o 50% do talento das mulleres”.

No acto, a presidenta lamentou que o mundo STEAM, que vai xerar a maioría dos empregos a curto e medio prazo, aínda non teña acadado a igualdade. Neste senso, apuntou que as mulleres científicas só ocupan o 7,6% dos libros de texto de Primaria e ESO, que soamente un 25% estuda carreiras STEAM, das que un 24,5% son Enxeñerías; un 12% Informática; 8% Telecomunicacións ou un 11% Física, “datos que nos preocupan, e que teñen que ver con que desde que nacemos nos din ao que nos temos que dedicar. Primeiro, cando nos regalan xoguetes, logo tamén cando se nos oculta a referentes científicas, porque se nos libros de texto de Primaria e ESO, que son nos que sementamos a nosa posición no mundo, o 92% son homes, as nenas entenden que a ciencia é unha cousa de homes”. “E se invisibilizamos ás mulleres que tanto teñen contribuído á ciencia –afirmou_, temos problemas moi serios. Se ocultamos ese nomes dificilmente as mulleres poden ter referentes”. Neste sentido, referiuse á achega feminina apenas visibilizada ás vacinas contra a covid-19, cando “hoxe son a prioridade da Humanidade”.

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, ademais de felicitar ás catro galardoadas, lembroulles que “aínda que volo pinten doutra cor, a igualdade real aínda está moi lonxe de chegar; no mundo STEAM precisamos de moita xente co voso esforzo, capacidade e discurso”. Tamén as reivindicou como “un referente, un exemplo que atraia a estes campos a moitas máis mulleres, coa vista posta en conseguir que estas titulacións acaden o 50% ou o 51% de mulleres. Mentres non academos iso, seguiremos lonxe da igualdade, máxime pensando en que gran parte do emprego e do desenvolvemento social no futuro vai ter que ver con desenvolvemento tecnolóxico e científico”. A presidenta da Deputación engadía que as premiadas “son mulleres con moita dedicación, moito coñecemento, moito traballo e formadísimas. Espero que elas si estean nos libros de textos e sexan visibles”.

Pola súa parte, a directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Águeda Gómez, explicou que “este recoñecemento ás nosas estudantes vai na liña marcada por esta Cátedra co fin último de incrementar a presenza de mulleres nas áreas STEAM e evitar que se reproduza a desigualdade de xénero no ámbito dixital, que é aínda máis crucial no actual contexto da covid-19”.

Catro referentes de vocacións STEAM

Ana Ramírez, estudante de Bioloxía cunha nota media de 8,68, acadou o primeiro premio no ámbito das ciencias, felicitou a todas aquelas mulleres que, incluíndo as galardoadas hoxe, “demostraron e continúan demostrando día a día que ser muller e ter éxito na ciencia é máis que posible”. Reivindicou así o papel que “nós xogamos e que nós debemos xogar nesta área de sociedade e a importancia de facer visibles todas as contribucións e todos os logros nos eidos da ciencia, da tecnoloxía e da enxeñaría”. A outra galardoada, desta volta no eido da enxeñaría, foi Iria Ollero, estudante de Enxeñaría Biomédica, cunha media de 8,9. Lembraba que aínda que na súa titulación o 50% das estudantes son mulleres, “queda moito camiño por percorrer para que os avances dende a perspectiva de xénero que comezan a aparecer no mundo académico, se afiancen tamén no ámbito laboral”.

Xunto con Ana Ramírez e Iria Ollero, no acto deste xoves recolleron os seus galardóns as dúas accésit. Unha delas é Laura Sánchez, estudante do Máster de Nanociencia e Nanotecnoloxía cunha nota de 7,97, que como as súas compañeiras agradeceu á súa familia o apoio recibido, ao tempo que lembrou que “o xénero non é o que condiciona a túa aspiración, senón que son a perseveranza e o esforzo”. Finalmente, Marielena Márquez, que está a piques de rematar Enxeñaría de Telecomunicación cunha nota media de 8,83, recoñecía que ata chegar á Universidade “non somos conscientes de canto traballo fai falta nestes campos para poder seguir motivando a todas as nenas que queren dedicarse a isto e non teñen referentes”.

Todas elas recibiron os parabén tanto por parte da Universidade como da Deputación, coa esperanza de que os seu exemplo serva como inspiración e referentes para futuras xeracións de nenas científicas e tecnólogas.

Por unha maior representación nos eidos STEAM

De feito, segundo o Observatorio da Igualdade da UVigo, as alumnas son maioría en todos os eidos do coñecemento, excepto no da enxeñaría e a arquitectura, no que representan tan só o 23% do total de estudantes matriculadas/os. Esta infrarrepresentación pode xerar unha enorme fenda económica e salarial nun futuro no que se agarda que o 90% dos traballos vai a pertencer a estes ámbitos.

Este premio naceu no contexto de pandemia e a conseguinte crise económica, que afecta en maior medida ás mulleres, a fin de promocionar os estudos STEAM, campo no que hai unha menor presenza de mulleres, pese á importancia estratéxica deste ámbito na nosa sociedade.

Podes ver o vídeo completo coa entrega dos premios no seguinte enlace.

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

Carmela Silva: "Necesitamos medidas para evitar o acoso que sofren nas redes o 60% das mozas"
Febreiro 11, 2021

Seguinte post

A Cátedra de Feminismos 4.0 estrea o seu boletín trimestral
Marzo 10, 2021

You may also like

pggp_2025_001
A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
5 Decembro, 2024
portada_1920x1080
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10 Novembro, 2024
imagen-web
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26 Outubro, 2024

    2 Comments

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 

+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.gal

Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade