• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Accións Cátedra

Aberta a convocatoria dos premios GirlGeekPower 2023

  • Categorías Accións Cátedra, Blog
  • Data Xullo 21, 2023

A cuarta edición dos premios impulsados pola Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo xa está en marcha. As estudantes STEM dos campus de Pontevedra e Vigo poden presentar a súa candidatura a este galardón entre o 21 de xullo e o 29 de setembro. As bases da convocatoria están dispoñibles na Secretaría Online da UVigo.

Os premios GirlGeekPower teñen dúas modalidades, unha para estudantes das ramas de Ciencias e Ciencias da Saúde e outra para as da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Todas as categorías teñen recoñecemento académico e económico, con dotacións de 2.000 euros para cada premio e 1.000 euros no caso dos accésit.

Tras o fin da pandemia, esta acción xa consolidada que ten por obxectivo apoiar e incentivar os estudos STEM, tradicionalmente masculinizados, entre as mulleres, actualizan o seu nome e pasan a denominarse premios GirlGeekPower.

Condicións

Para ser seleccionadas, as participantes deberán:

  1. Estar matriculadas na Universidade de Vigo no curso 2023/2024 en 60 créditos en titulacións de grao ou mestrado oficial das ramas de Enxeñaría e Arquitectura, Ciencias e Ciencias da Saúde dos campus de Pontevedra e Vigo.
  2. Ter superados ata o curso 2022/2023 un total de 60 créditos da titulación de grao na que están matriculadas.
  3. Ter unha nota media do expediente ata o curso 2022/2023 e de acceso aos estudos de mestrado igual ou superior a:
    • 7 nas titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
    • 8 nas titulacións da rama de Ciencias.
    • 8 nas titulacións da rama de Ciencias da Saúde.
  4. Non ter recibido este premio en ningunha das convocatorias anteriores.

A candidatura realízase cumprimentado un formulario en liña. Coa solicitude, deberá incluírse unha carta de motivación, na que as estudantes deberán detallar as razóns que as levaron a realizar estudos universitarios no ámbito das STEM e facer unha reflexión persoal sobre a súa experiencia como mulleres nun eido tradicionalmente masculinizado.

No caso de que a solicitante realizase estudos nunha universidade distinta á de Vigo, é necesario presentar a certificación académica dos estudos cursados.

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

"Call for paper”: Aberto o prazo para publicar na revista GENDER ON DIGITAL. Journal of Digital Feminism
Xullo 21, 2023

You may also like

banner_gender_on_digital_call_for_paper
“Call for paper”: Aberto o prazo para publicar na revista GENDER ON DIGITAL. Journal of Digital Feminism
15 Xuño, 2023
premiosgirlgeekcovid2023
Entrega dos Premios GirlGeekCovid 2023
10 Febreiro, 2023
TW CATEDRA FEMINISMOS 5 (1)
A terceira edición dos Premios GirlGeekCovid recoñecerá este xoves 9 de febreiro os mellores expedientes femininos en Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura da Universidade de Vigo
6 Febreiro, 2023

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

Aberta a convocatoria dos premios GirlGeekPower 2023
21Xul2023
“Call for paper”: Aberto o prazo para publicar na revista GENDER ON DIGITAL. Journal of Digital Feminism
15Xuñ2023
Entrega dos Premios GirlGeekCovid 2023
10Feb2023

Posts recentes

Aberta a convocatoria dos premios GirlGeekPower 2023
21Xul2023
“Call for paper”: Aberto o prazo para publicar na revista GENDER ON DIGITAL. Journal of Digital Feminism
15Xuñ2023
Entrega dos Premios GirlGeekCovid 2023
10Feb2023

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 

+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.gal

Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade