• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Accións Cátedra

O workshop «Hackeando o patriarcado» celebrará o 2 e 3 de novembro a súa cuarta edición centrada na misoxinia dixital

  • Categorías Accións Cátedra
  • Data Outubro 18, 2022
Workshop Hackeando o Patriarcado cuarta edicion

A Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada pola Deputación de Pontevedra a a Universidade de Vigo, celebrará o 2 e 3  de novembro a cuarta edición do workshop Sociedadedixital e xénero. Hackeando o patriarcado.

Este ano o lema será Novos aparatos ideolóxicos:o patriarcado de vixilancia, polo que o workshop realiza unha reflexión sobre as novas estratexias ideolóxicas patriarcais para perpetuarse a través da misoxinia dixital organizada: a chamada manosfera, machoesfera ou manhood, que está a actuar como un novo aparato ideolóxico do patriarcado.

Programa e inscrición para o día 2

O workshop celebrarase en dúas xornadas e combinará o formato presencial co virtual. A apertura do acto do 2 de novembro será ás 10.00 h e contará coa participación de Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra, e Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor da Universidade de Vigo. A continuación, desenvolveranse diversas intervencións e unha mesa redonda, nas que participarán mulleres referentes nos ámbitos do xénero, a socioloxía ou a antropoloxía social e cultural, entre outros.

As intervencións desta primeira xornada estarán protagonizadas por Remedios Zafra, Premio Anagrama de Ensaio 2017 e Premio Internacional Ensaio Jovellanos 2022; Mónica Alario Gavilán, autora de Política sexual da pornografía. Sexo, desigualdade, violencia da Editorial Cátedra; Elisa García Mingo, profesora axudanta doutora no Departamento de Socioloxía: Metodoloxía e Teoría da Universidad Complutense de Madrid; Elena Alfageme, historiadora e antropóloga feminista, responsable de xénero de InteRed; María Teresa Piñeiro Otero, profesora do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña; e Alba Alonso Feijoo, autora do blog Realkiddys e diversos libros.

Para as persoas interesadas en asistir presencialmente ao workshop do 2 de novembro, deberán desprazarse ata o edificio de Redeiras da Universidade de Vigo. Non é preciso confirmar previamente asistencia.

As persoas que asistan virtualmente, poderán seguir o seminario vía streaming a través da Canle Directo 1 da UVigoTV.

Obradoiro presencial do día 3

O 3 de novembro, en sesión de tarde, en formato exclusivamente presencial na Facultade de Comercio da Universidade de Vigo, terá lugar o obradoiro Reescribe o código Obradoiro de educación en ciberactivismo feminista, impartido por 7H Cooperativa Cultural.

A primeira parte do obradoiro estará dedicada a realizar un pequeno estudo polas orixes e evolución do ciberfeminismo. A continuación, poñeranse en práctica as diversas posibilidades que ofrecen ferramentas de comunicación visuais para crear recursos creativos propios e subverter a violencia simbólica do patriarcado na esfera dixital.

As persoas que queiran participar no obradoiro do día 3 deberán inscribirse previamente no seguinte enlace.

Podes consultar o programa completo do workshop no seguinte enlace:

Programa completo

A Cátedra, instrumento para promover a igualdade

A Deputación de Pontevedra, xunto coa Universidade de Vigo, teñen como obxectivo, a través da creación da Cátedra de Feminismos 4.0, promover a igualdade, a non discriminación e a accesibilidade universal das mulleres no ámbito das actuais sociedades da información. En concreto, a promoción e o impulso de actividades de investigación e innovación feminista en todos os ámbitos do coñecemento, priorizando os estudos relacionados coa dixitalización actual da sociedade e o ámbito das STEM (siglas en inglés de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), onde as mulleres están infrarrepresentadas e resulta un espazo cada vez máis relevante nas sociedades do futuro.

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

Aberto o prazo para presentar candidaturas á 3ª edición dos Premios GirlGeekCovid
Outubro 18, 2022

Seguinte post

O 58% do estudantado da Universidade de Vigo sufriu acoso por Instagram pero só o 17% denunciou
Novembro 2, 2022

You may also like

premiosgirlgeekcovid2023
Entrega dos Premios GirlGeekCovid 2023
10 Febreiro, 2023
TW CATEDRA FEMINISMOS 5 (1)
A terceira edición dos Premios GirlGeekCovid recoñecerá este xoves 9 de febreiro os mellores expedientes femininos en Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura da Universidade de Vigo
6 Febreiro, 2023
Segundo Informe Stop Machitroles
O 63% das situacións de acoso dixital procede de homes coñecidos da vítima, segundo un novo informe da Cátedra de Feminismos 4.0
14 Novembro, 2022

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

Entrega dos Premios GirlGeekCovid 2023
10Feb2023
A terceira edición dos Premios GirlGeekCovid recoñecerá este xoves 9 de febreiro os mellores expedientes femininos en Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura da Universidade de Vigo
06Feb2023
Segundo Informe Stop Machitroles
O 63% das situacións de acoso dixital procede de homes coñecidos da vítima, segundo un novo informe da Cátedra de Feminismos 4.0
14Nov2022

Posts recentes

Entrega dos Premios GirlGeekCovid 2023
10Feb2023
A terceira edición dos Premios GirlGeekCovid recoñecerá este xoves 9 de febreiro os mellores expedientes femininos en Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura da Universidade de Vigo
06Feb2023
Segundo Informe Stop Machitroles
O 63% das situacións de acoso dixital procede de homes coñecidos da vítima, segundo un novo informe da Cátedra de Feminismos 4.0
14Nov2022

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 

+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.es

Cátedra de Feminismos 4.0 impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade